Os espazos que a biblioteca cede distribúense do seguinte xeito:
Sala de traballo en grupo:
A biblioteca conta cunha sala de traballo en grupo a disposición de quen precise utilizala para reunirse, facer traballos etc. e sempre que se trate de actividades sen ánimo de lucro.
A sala está ubicada na primeira planta
Para gozar deste servizo tan só é preciso que, como mínimo, sexan dúas as persoas que vaian facer uso da sala.
A reserva pode facerse cubrindo o Formulario de reserva de instalacións.
Salón de actos
O salón de actos está a disposición de calquera particular, entidade ou asociación que queira utilizalo para realizar actividades de tipo cultural ou social (presentacións de libros, exposicións, conferencias, cursos...).
A reserva pode facerse por cubrindo cubrindo o Formulario de reserva de instalacións.