Acceso á Internet (wifi e ordenadores de consulta) e Ofimática
A Biblioteca dispón de rede wi-fi protexida

A Biblioteca ofrece acceso gratuíto á Internet e a ferramentas ofimáticas. Nas súas instalacións, conta cunha infraestrutura que permite usar libremente, de xeito privado e con seguridade diversas fontes e tecnoloxías da información, sempre segundo os principios e fins que rexen as actividades de calquera biblioteca pública.

O servizo de acceso á Internet e ofimática engloba:

Conexión wi-fi

A conexión wi-fi é pública e gratuíta, con cobertura en todos os espazos da Biblioteca.

O acceso á Internet a través da rede wi-fi require introducir un contrasinal. A primeira vez hai que rexistrarse cun número de teléfono móbil, seguindo as instrucións que se detallan nas distinas salas.

A utilización deste servizo conleva un uso responsable do mesmo, respectando a lexislación vixente en materia de propiedade intelectual e evitando a descarga de contidos que poidan colapsar a Rede.

Conexión á Internet e ferramentas ofimáticas

Os postos de ordenadores con conexión á Internet e ferramentas ofimáticas distribúense do seguinte xeito:

  • Na Sala infantil: 4 postos
  • Na Hemeroteca: 1 posto
  • Na Sala de consulta: 16 postos

Para a utilización deste servizo é preciso ter en conta as seguintes indicacións:

  • Está aberto a todo o público, pero hai que rexistrarse
  • Cada persoa só pode darse de alta unha vez e ter un único nome de usuario ou usuaria rexistrado
  • Por motivos de seguridade, non se poden gardar documentos de texto no escritorio, instalar ningún programa nin modificar a configuración do ordenador. Este reiniciarase automaticamente ao remate de cada sesión, de xeito que calquera arquivo creado durante a mesma será borrado.
  • Para a creación de documentos, a Biblioteca proporciona acceso ao programa gratuíto LibreOffice, que poderá gardar nos seus dispositivos de almacenamento persoais.
  • Existen dous equipos que permiten a consulta de CDs e DVDs
  • No uso dos recursos da Internet, a persoa usuaria debe comprometerse a respectar en todo momento a lexislación vixente e a facer un uso adecuado do servizo. Non se permite o acceso a páxinas con contido racista, xenófobo, pornográfico, violento ou que incite á violencia.
  • A Biblioteca non se fai responsable en ningún caso da información que puidese recuperar ou á que puidese acceder a persoa usuaria a través dos postos de consulta da Internet.
  • Os/as menores de 14 anos deben utilizar os ordenadores situados na Sala infantil e ter a autorización do pai/nai ou titor/-a, que deben rexistrarse previamente.
  • Os/as menores de 9 anos sempre accederán á Internet acompañados/-as dunha persoa adulta.

Na planta baixa, hai un posto de ordenador con conexión á Internet exclusivamente para xestións en liña de servizos da Biblioteca.