Esta é unha iniciativa froito do convenio asinado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a través de red.es, e a Xunta de Galicia, cofinanciado con fondos FEDER, que persegue reforzar con novo equipamento aos centros públicos con acceso a Internet para mellorar a accesibilidade das persoas con minusvalidez á Sociedade da Información.
EQUIPAMENTO INFORMÁTICO
Grazas a iso, a Biblioteca pon a disposición dos/-as seus/súas usuarios/-as 2 postos de consulta con ordenadores adaptados para que as persoas con minusvalidez visual, auditiva, cognitiva ou motora poidan acceder á Internet.
Atoparás estes postos na:
- Sala de Consulta (2ª planta)
- Sala Web da Rede CeMIT (1ª planta)
Máis información en TIC TAC adapta
OUTRAS ACTIVIDADES
Contacontos en linguaxe de signos
- Representados por Miguel e Blanca, persoal da FAXG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia), teñen lugar un sábado ao mes.
- O seu obxectivo é ensinar a linguaxe de signos dun xeito divertido e ameno.
- Están dirixidos a nenos e nenas de máis de 3 anos e celébranse na Sala infantil e xuvenil da Biblioteca
- Para máis información sobre datas e horarios, contacta con nós.