Os espazos que a biblioteca cede distribúense do seguinte xeito:
Sala de traballo en grupo:
A biblioteca conta cunha sala de traballo en grupo a disposición de quen precise utilizala para reunirse, facer traballos etc. e sempre que se trate de actividades sen ánimo de lucro.
A sala está ubicada na planta baixa
Para gozar deste servizo tan só é preciso que, como mínimo, sexan dúas as persoas que vaian facer uso da sala.
A reserva pode facerse por calquera das seguintes vías:
- Na Secretaría (primeira planta), de maneira presencial
- Chamando por teléfono ao número 881 960 378 / 379
- Dirixindo unha mensaxe de correo electrónico ao seguinte enderazo: bpc@xunta.gal
- Cubrindo o Formulario de reserva de instalacións
Salón de actos
O salón de actos está a disposición de calquera particular, entidade ou asociación que queira utilizalo para realizar actividades de tipo cultural ou social (presentacións de libros, exposicións, conferencias, cursos...).
A reserva pode facerse por calquera das seguintes vías:
- Na Secretaría, situada na primeira planta
- Chamando por teléfono ao número 881 960 378 / 379
- Dirixindo unha mensaxe de correo electrónico ao seguinte enderezo: bpc@xunta.gal
- Cubrindo o Formulario de reserva de instalacións