Os materiais obxecto de consulta son todos aqueles que non son prestables. A saber:
- Fondos especiais: facsímiles, obras con dedicatorias ou anotacións manuscritas autógrafas, doazóns de especial relevancia...
- Fondo patrimonial: anterior ao ano 1958
- Fondo de Déposito Legal da nosa provincia: libros, revistas, periódicos, materiais audiovisuais e gráficos
- Prensa histórica.
NOTA: Para acceder aos fondos de carácter especial e/ou patrimonial da Biblioteca, esixirase que o/a usuario/-a presente cunha antelación mínima de 48 horas unha solicitude, emprengando o seguinte formulario en liña: SOLICITUDE DE CONSULTA DE FONDOS DE ACCESO RESTRINXIDO . No formulario indicaranse os motivos polos que se solicita a consulta. O permiso estará suxeito a criterios técnicos de conservación e preservación dos materiais en cuestión.
A Biblioteca tamén pon a disposición dos/-as usuarios/-as os medios necesarios (postos de lectura, lectores de son e de audiovisuais, etc.) para que, se o desexan, poidan consultar os materiais prestables in situ.
O servizo de consulta de documentos ofrécese de maneira simultánea en distintas salas da biblioteca, en función do tipo de documento solicitado.