Préstamo de tabletas
Servizo de préstamo de tabletas

Sabías que nesta biblioteca tamén hai tabletas á disposición do público? Infórmate sobre o servizo de préstamo!

Na Biblioteca, xa podes pedir prestada unha tableta para o seu uso nas nosas instalacións. Queres saber como?
 

Requisitos

  • Ser socio/-a da biblioteca e maior de idade
  • Non ter préstamos sobrepasados ou sancións
  • Traer contigo o carné da biblioteca

NOTA: Lembra que é persoal e intransferible, polo que nos reservamos o dereito a pedirche un documento adicional para comprobar a túa identidade.

  • Asinar a acta de entrega da tableta e entregar o carné ao persoal da biblioteca, que che devolveremos no momento de entregala. 

 

Descrición técnica e uso

  • As tabletas son un modelo Samsung Galaxy Tab 3, cunha pantalla de 10 pulgadas, procesador dual-core 1.6GHz, 1 GB de RAM, 16 GB de almacenamento, cámara traseira de 3 MB, cámara frontal de 1.3 MB e acceso Wi-Fi.
  • Funcionan baixo sistema operativo Android 4.4.2 e prestámolas coa configuración de fábrica.
  • Só se poden instalar aplicacións da Google Play Store.
  • Recomendámosche usar unha conta de Gmail na configuración inicial para aproveitar todas as ferramentas da tableta. Se non queres usala, entón opta por Google Chrome como navegador ao acceder á Internet. 

 

Préstamo en sala

  • Solicita a tableta na Sala de consulta (2ª planta).
  • O préstamo limítase en exclusivivade para o uso e aproveitamento da tableta no marco das instalacións da biblioteca.
  • Só prestamos unha tablets por usuario/-a.
  • O período de préstamo máximo vai desde que abre a biblioteca (08:30 da mañá) ata 1 hora antes do peche (19:30 da tarde), de luns a venres. Os sábados, os horarios de uso serán de 10:00 da mañá ás 13:00 da tarde. Nos meses de xullo e agosto (horario reducido), a hora límite para a devolución serán as 13:30.

 

Accesorios

A tableta entrégase cunha funda e un cargador.

 

Conservar información

Na tableta non podes gardar nada; se queres conservar algunha información, utiliza o teu correo electrónico ou algunha ferramenta de almacenamento na nube.

 

Reconfiguración

Ao devolver a tableta, restaurámola á configuración inicial para limpar todos os datos persoais e aplicacións descargadas. A túa seguridade e privacidade quedan así garantidas.

 

Responsabilidades

 

  • Ti es o/a único/-a responsable do dispositivo durante o tempo de préstamo.
  • Debes coidar que non cho rouben, así que procura non deixalo nunca só enriba da mesa nin llo deixes usar a ninguén.
  • Non manipules o hardware nin o software instalados.
  • Non debes utilizar o dispositivo para acceder a contidos pornográficos, violentos ou xenófobos.
  • Respecta a lexislación vixente en materia de propiedade intelectual.
  • A tableta é moi delicada e sensible aos golpes -especialmente a pantalla-: evita golpes ou riscadas que poidan provocar danos e/ou rotura.
  • Tras a devolución da tableta, comprobamos o seu correcto funcionamento e, se detectamos algún desperfecto, podemos pedir responsabilidades á última persoa en utilizala.
  • Asinar a acta de entrega implica a aceptación das condicións de préstamo.

Incumprimento das normas

  • O incumprimento das normas (que aceptas ao asinar a acta de entrega) supón a suspensión do servizo de préstamo de calquera tipo de material de forma temporal ou indefinida.
  • Aplicaráseche un día de suspensión de todo tipo de préstamo se non devolves a tablet unha hora antes do peche da biblioteca.
  • Por roubo, destrución ou deterioro irreparable do dispositivo ou dos seus accesorios, estarás obrigado/-a a repoñelo con outro de similares características ou a reparar o dano causado. Mentres non o repoñas, estarás suspendido/-a do servizo de préstamo de calquera material.
  • A biblioteca resérvase o dereito de emprender aquelas accións regulamentarias ou legais que crea necesarias en caso de incumprimento desta normativa.