SERVIZOS
Préstamo de tablets
Novidade !!!!
Inauguramos o servizo de préstamo de tablets

Requisitos

  • Ser socio/a da biblioteca e maior de idade.
  • Non ter préstamos sobrepasados ou sancións.
  • Traer o carné da biblioteca. O carné é persoal e intransferible polo que podemos pedirche calquera documento complementario que acredite a túa identidade.
  • Asinar a acta de entrega da tablet e entregar o carné ao persoal da biblioteca (devolvémoscho cando entregues a tablet).

Descrición técnica e uso
As tablets son Samsung Galaxy Tab 3 cunha pantalla de 10 pulgadas, procesador dual-core a 1.6GHz, 1GB de RAM, 16GB de almacenamento, cámara traseira de 3 MB, cámara frontal de 1.3 MB e acceso Wi-Fi.
Funcionan baixo sistema operativo Android 4.4.2 e prestámolas coa configuración de fábrica.
Só se poden instalar apps da Play Store.
Recomendámosche usar unha conta de gmail na configuración inicial para aproveitar todas as ferramentas da tablet. Se non queres usala, aconsellámoste o Google chrome para navegar pola internet.

Préstamo en sala
Solicita a tablet na Sala de Consulta (2ª planta)
O préstamo é exclusivamente para o uso nas instalacións da biblioteca.
Só prestamos unha tablet por usuario/a.
O período de préstamo máximo é desde que abre a biblioteca ata 1 hora antes do peche. Debes devolvela na mesma Sala de Consulta (2ª planta) como moi tarde ás 19:30 h. de luns a venres, ás 13 h. os sábados e ás 13:30 h nos meses de xullo e agosto.

Accesorios
A tablet entrégase cunha funda e un cargador.

Conservar información
Na tablet non podes gardar nada, se queres conservar algunha información utiliza o teu correo electrónico ou algunha ferramenta de almacenamento na nube.

Reconfiguración
Ao devolver a tablet restaurámola á configuración inicial para limpar todos os datos persoais e apps descargadas.
A túa seguridade e privacidade quedan garantidas.

Responsabilidades
Ti es o/a único/a responsable do dispositivo durante o préstamo.
Debes coidar que non cho rouben, así que procura non deixalo nunca só enriba da mesa, nin llo deixes usar a ninguén.
Non manipules nin o hardware nin o software instalados.
Non debes utilizar o dispositivo para acceder a contidos pornográficos, violentos ou xenófobos.
Respecta a lexislación vixente en materia de propiedade intelectual.
A tablet é moi delicada e sensible aos golpes, especialmente a pantalla, evita golpes ou rasguños que poidan provocar danos ou rotura.
Tras a devolución da tablet comprobamos o seu correcto funcionamento e se detectamos algún desperfecto podemos pedir responsabilidades á última persoa en utilizala.

Asinar a acta de entrega implica a aceptación das condicións de préstamo.

Incumprimento das normas
O incumprimento das normas (que aceptas ao asinar a acta de entrega) supón a suspensión do servizo de préstamo de calquera tipo de material de forma temporal ou indefinida.
1 día de suspensión de todo tipo de préstamo se non devolves a tablet 1 hora antes do peche da biblioteca.
Por roubo, destrución ou deterioro irreparable do dispositivo ou dos seus accesorios: obriga de repoñelo con outro de similares características ou reparación do dano causado. Mentres non o repoñas estarás suspendido/a do servizo de préstamo de calquera material.
A biblioteca resérvase o dereito de emprender aquelas accións regulamentarias ou legais que crea necesarias en caso de incumprimento desta normativa.