Servizo de información e referencia
Coñece o noso servizo de información e referencia

Este servizo ofrece información sobre a propia biblioteca e apoia ao lector na resolución das súas necesidades informativas específicas

A través deste servizo, a biblioteca atende as seguintes consultas:

- Información xeral: preguntas sobre o funcionamento da propia biblioteca, os seus fondos e servizos, o seu catálogo en liña e consultas bibliográficas sinxelas.

- Información bibliográfica e de referencia: preguntas relacionadas coa busca da bibliografía existente sobre un tema determinado ou coa obtención de información puntual de carácter estatístico, lexislativo... As fontes para a resolución deste tipo de consultas abranguen a colección da propia biblioteca, a doutras bibliotecas (coa posibilidade de solicitar unha obra en préstamo interbibliotecario), Internet, etc.

 

As consultas aténdense:

- Presencialmente, nos mostradores de cada sala

- Por teléfono

- Por correo electrónico

- A través deste formulario
 

Complementado este servizo de información e referencia, os usuarios poden dirixirse a Pregunte, as bibliotecas responden, proxecto de información público en Internet xestionado cooperativamente por varias bibliotecas públicas de diferentes Comunidades Autónomas e coordinado polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Este servizo, atendido por persoal especializado das bibliotecas participantes, está aberto a toda a cidadanía e funciona 24 horas, 365 días ao ano co compromiso de contestar nun prazo máximo de dous días (excepto festivos e fins de semana). As preguntas poden tratar sobre calquera tema puntual e concreto.

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS