Servizo de préstamo de lectores de libros electrónicos

A Biblioteca, no seu obxectivo de achegar as novas tecnoloxías á cidadanía, pon a disposición dos/das usuarios/as lectores de libros electrónicos.

Préstamo de lectores de libros electrónicos

A Biblioteca conta con lectores de libros electrónicos para prestar a domicilio. GaliciaLe, a plataforma de préstamo de libros electrónicos das bibliotecas públicas galegas, ofrece arredor de 2000 títulos (novidades, literatura contemporánea, ciencia, arte, tecnoloxía etc.), entre os que o/a usuario/-a poderá escoller e descargar no dispositivo que vaia usar.

Para beneficiarse do servizo de préstamo de lectores de libros electrónicos, é preciso ser usuario/-a e ter máis de 18 anos.

NOTA: Cada usuario/-a pode levar 1 só dispositivo en préstamo. Este irá baleiro de contidos, cunha funda e un cable USB para a transferencia de datos e a carga da batería. O tempo máximo de uso será de 21 días, sen posibilidade de renovación.

Ao igual que ocorre co resto de documentos da colección, para poder levar o dispositivo en préstamo esixirase que o/a usuario/-a presente o carné da biblioteca. Non poderá facelo se ten préstamos pasados de data ou algún tipo de sanción.