SERVIZOS

Resultados 1 a 7 de 7

Préstamo de documentos

O servizo de préstamo ofrécelle ao público a posibilidade de ler ou consultar -de maneira gratuíta, durante un tempo determinado e conforme ás normas establecidas- os documentos “prestables” da Biblioteca.

Servizo de préstamo de documentos

Consulta de documentos

A través deste servizo, a Biblioteca pon a totalidade da colección a disposición da cidadanía para a súa consulta dentro das instalacións do centro.

Información sobre os nosos espazos

Cesión de espazos

A través deste servizo, a biblioteca pon a disposición da cidadanía as súas instalacións coa finalidade de propiciar o intercambio e a difusión cultural, converténdose así nun espazo de participación e encontro dos membros da comunidade.

Servizo de préstamo e consulta de recursos electrónicos GaliciaLe

O acceso da cidadanía á lectura en formato electrónico materialízase para os usuarios/as das bibliotecas públicas galegas a través do servizo de préstamo e consulta de recursos electrónicos, dirixido aos lectores/as con carné de calquera das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia que, de xeito gratuíto, teñen á súa disposición estes recursos. A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, como centro integrante desta rede, oferta este servizo aos seus usuarios/as.

Servizo de préstamo de lectores de libros electrónicos

A Biblioteca, no seu obxectivo de achegar as novas tecnoloxías á cidadanía, pon a disposición dos/das usuarios/as lectores de libros electrónicos.

A Biblioteca dispón de rede wi-fi protexida

Acceso á Internet (wifi e ordenadores de consulta) e Ofimática

A Biblioteca ofrece acceso gratuíto á Internet e a ferramentas ofimáticas. Nas súas instalacións, conta cunha infraestrutura que permite usar libremente, de xeito privado e con seguridade diversas fontes e tecnoloxías da información, sempre segundo os principios e fins que rexen as actividades de calquera biblioteca pública.

Coñece o noso servizo de información e referencia

Servizo de información e referencia

Este servizo ofrece información sobre a propia biblioteca e apoia ao lector na resolución das súas necesidades informativas específicas