Servizo de reprodución de documentos
Servizo de reprodución de documentos

Mediante este servizo, e de conformidade coa lexislación vixente en materia de propiedade intelectual, os/as usuarios/-as poden reproducir documentos impresos, convertelos a formato dixital, imprimir traballos persoais, etc.

O servizo de reprodución de documentos engloba:

-Fotocopiadoras: a biblioteca pon a disposición do público dúas fotocopiadoras para a reprodución de documentos impresos. Poderanse utilizar para realizar copias de libros e demais materiais impresos, respectando a lexislación vixente sobre propiedade intelectual. No caso de fotocopiar materiais da propia biblioteca, e para garantir a súa preservación e conservación, quedan excluídas deste servizo as publicacións encadernadas en formato grande, os carteis e as obras do fondo antigo

As fotocopiadoras en branco e negro funcionan en réxime de autoservizo e están situadas no primeiro andar.

No caso de precisar fotocopias en cor, é necesario dirixirse ao persoal da biblioteca.

-Impresoras: a biblioteca pon a disposición do público tres impresoras para a reprodución en papel de arquivos de ordenador. Trátase de impresoras láser en branco e negro, situadas:

- Na Biblioteca Infantil e Xuvenil na planta baixa.

- Na Hemeroteca, na primeira planta

- Na Sala de Consulta, na segunda planta

-Escáners: a biblioteca dispón de doús escáners para a conversión de documentos impresos a formato dixital. Un escáner para documentos de formato grande, ideal para prensa e carteis, e outro para formatos convencionais. No caso de escanear materiais da propia biblioteca, e para garantir a súa preservación e conservación, quedan excluídas deste servizo as publicacións encadernadas en formato grande, os carteis e as obras do fondo antigo.

Para solicitar un escaneado en formato A4 deben dirixirse ao personal da segunda planta. O escaneado de materiais de formato grande farase de luns a venres, previo encargo, na Secretaría da Biblioteca na primeira planta.

O custo da impresión en branco e negro por medio de fotocopiadora ou impresora, e o custo do escaneado é de 5 céntimos por páxina. No caso de copias en cor é de 60 céntimos.