Turisteando cos miúd@s

Primeiro xogo infantil interactivo para que os miúdos e miúdas descubran a riqueza cultural e turística da provincia da Coruña e, especialmente, os recursos máis atractivos para turistear coa familia en calquera estación do ano, pontes, fins de semana e periodos vacacionais. Un xogo creado para o Fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo 2021.

Os faros, o camiño de Santiago, o bosque animado, a auga, os museos, os tesouros galegos... Dez bloques de recursos identificativos da riqueza cultural e turística da provincia da Coruña, que permitirán á cativada familiarizarse cos elementos patrimoniais da provincia. Todos en forma de xogos interactivos, un xeito atractivo e divertido de aprender.

Turistea cos miúd@s!

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS

ENLACES EXTERNOS