Aul@ tecnolóxica de maiores

Obradoiro de introdución ás novas tecnoloxías dirixido ás persoas maiores de 55 anos co obxectivo de integralas na sociedade facéndoas partícipes dela a través da formación en novas tecnoloxías, especialmente no uso de teléfonos móbiles, tabletas e ordenadores portátiles, cun carácter eminentemente práctico de cara á súa aplicación e aproveitamento na vida cotiá.

A actividade está a cargo de Mar Torres Vilariño, voluntaria do programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia.

A aul@ tecnolóxica de maiores comenza a súa andaina o martes 29 de xaneiro e segue o calendario escolar ata finalizar o próximo mes de xuño.

O número máximo de participantes é de sete e precísase ter o carné de biblioteca para asistir.

A actividade desenvólvese os martes de 18.00 a 19.30h e as sesións teñen lugar nas salas de traballo en grupo do 3º andar.

O período de inscrición ábrese o 9 de xaneiro ás 8:30 horas e prolóngase ata o remate da actividade.

As persoas interesadas poden obter máis información e anotarse chamando ao 881 999 401 ou acudindo directamente ao mostrador da planta baixa. 

A biblioteca pon á disposición das e dos integrantes da actividade os dispositivos necesarios para desenvolver o programa que se vai impartir: tabletas e ordenadores portátiles.

Todos os/as participantes teñen que traer un teléfono móbil para poder conectarse á rede WI-FI, ademais de para aprender algunhas das súas utilidades.

Mar Torres Vilariño realizou un Ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas no IES San Clemente de Santiago de Compostela.