Clubs de lectura

Na biblioteca organizamos varios clubs de Lectura: galego, castelán, inglés, francés e banda deseñada.

Ofertamos clubs de lectura en varias linguas, ademais dun club de lectura de banda deseñada (en castelán e galego), dirixidos a todas aquelas persoas adultas que queiran aprender a aproveitar as súas lecturas e compartilas co grupo.

O día 14 de setembro do 2018 ás 8.30 horas, iníciase o proceso para cubrir as prazas vacantes dos clubs de lectura para o curso 2018-19.

Recomendamos aos usuarios e usuarias interesados/as nalgún dos clubs nos que non hai prazas vacantes que se anoten nas listas de agarda xa que se poden producir baixas entre os/as integrantes actuais, como así sucedeu en anos anteriores.

As listas de agarda permanecerán abertas ata o remate dos clubs (mes de maio).

As solicitudes que cheguen antes do día 14 de setembro non serán tidas en conta.

En ningún caso un usuario pode inscribir a outro/s usuario/s. Cada comunicación de inscrición debe ser individual.
O número máximo de clubs nos que pode anotarse e participar un lector ou lectora é de 2. En función da demanda na inscrición, a biblioteca resérvase o dereito de establecer en 1 o número máximo de clubs nos que se pode participar. En calquera caso, sempre nos poremos en contacto para que escolla o que máis lle interese.

Está previsto que todos os clubs se inicien a partir do 15 de outubro de 2018 e finalicen en abril ou maio de 2019 (o mes de remate dependerá da dispoñibilidade orzamentaria para o ano 2019).

Lembramos a todos os lectores e lectoras que a participación nos Clubs de Lectura conleva a aceptación dunhas normas básicas que facilitan o seu correcto funcionamento. 

Pregunta e apúntate na Biblioteca, chamando ao 881 999 401 ou no correo electrónico biblio.publica.santiago@xunta.gal