Formación de usuarios e usuarias

Queremos aprendervos a aproveitar todo o que vos ofrece a biblioteca, con estas tres actividades formativas: sesións de formación de usuarios e usuarias, sesións de formación na Biblioteca Accesible e visitas guiadas.

  • Sesións de formación de usuarios e usuarias. Para coñecer os recursos que ofertamos e o xeito de usalos correctamente. As sesións do último xoves de cada mes están adicadas a formación de GaliciaLe.
  • Sesións de formación de usuarios e usuarias na Biblioteca Accesible. Para aprender a usar o hardware e o software accesible do que dispoñemos. 
  • Visitas guiadas. Para coñecer as instalacións e os servizos que vos ofrece a biblioteca.