Visitas guiadas escolares

Para coñecer todo o que vos ofrece a biblioteca

As visitas escolares teñen como obxectivo dar a coñecer as posibilidades formativas, informativas e de ocio, que a biblioteca ofrece ás nenas e nenos.

Realízanse todos os mércores ás 10:30 h.

As visitas consisten no visionado dun vídeo infantil de presentación da biblioteca, un percorrido guiado polas instalacións, xogos e actividades na Sala Infantil. A duración aproximada da visita é de 1 hora.

Requírese a inscrición previa no mostrador de información do andar baixo, chamando ao teléfono 881 999 401 ou a través do formulario.

Cada grupo estará formado por un máximo de 30 persoas.