AVISOS
29/05/2018
Aniversario de Harry Potter
Conmemoramos os 20 anos da 1ª edición

Este ano 2018 é o 20 aniversario da 1ª edición de Harry Potter y la piedra filosofal, que chegou ás librarías norteamericanas o 26 de xuño do 1998, e na biblioteca queremos conmemorar esta data.

Se es afeccionado/a a esta saga e liches os libros, pasa polo mostrador do andar infantil e cóntanos por que che gustan, cal é o teu libro favorito, se eres de Gryffindor, Hufflepuff, Ravenclaw ou Slytherin...

Esta actividade está aberta a usuarias e usuarios de 0 a 999 anos apaixonados/as do mundo máxico de Rowling.

Axúdanos a celebrar este aniversario!