25/02/2019
Concurso do Día do Libro Infantil e Xuvenil

Co gallo do Día Internacional do Libro Infantil, a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI), co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, convoca o concurso Selfie LIX Día Internacional

Os lectores e lectoras de Primaria e Primeiro ciclo de Secundaria que o desexen poden participar desde a biblioteca e através da sección da OEPLI, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), ata o 25 de marzo.

É preciso que todas/os participantes cubran a ficha de participación no concurso.

Consulta as bases e anímate a participar!