27/03/2019
Concurso #omeurecunchodelectura

Sabes que a biblioteca fai xa 11 anos?

E sabes o que argallamos para celebralo?

Abrimos unha conta en Instagram! E inaugurámola ao grande! convocando un concurso!!!

Queremos ver o recuncho que tedes nas vosas casas para a lectura, ver onde gardades os libros que levades en préstamo, onde os ledes…

Sabemos que como bos amantes da lectura e das bibliotecas coidades moito os libros que levades a casa e queremos ver o felices e cómodos que están!

Para participar só tes que seguir á conta da biblioteca, compartir todas as fotografías que queiras co cancelo #omeurecunchodelectura, e etiquetar á biblioteca @bpsanxelcasal.

A fotografía que acade máis ♥ gañará un vale de 400€ para gastar en Micromedia, productos de informática!!!!!

Un consello: en Instagram gusta o postureo, así que canto máis preparada estea a fotografía máis ♥ conseguirá.

Anímate a participar e moita sorte!

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS