Apertura do prazo de inscrición
20/02/2019
Obradoiro de teatro con perspectiva de xénero

O próximo 11 de marzo comeza na biblioteca un obradoiro de teatro con perspectiva de xénero coordinado por Mariña López Varela.

Este obradoiro ten como obxectivo favorecer a reflexión das nenas e nenos sobre as relacións saudables, os roles igualitarios e non estereotipados e a identificación e prevención da violencia machista, a través de técnicas teatrais como a improvisación, a expresión corporal e o xogo de roles.

As sesións desenvólvense os luns de 18.00 a 19.30h no salón de actos, ata o 17 de xuño.

O obradoiro diríxese a nenas e nenos de 8 a 12 anos e o número máximo de participantes é de doce.

Para poder participar é preciso ter o carné dalgunha biblioteca da rede e facer a inscrición previa aquí.

                                                                                                             ​
Esta actividade realízase ao amparo do Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Cultura e Turismo para desenvolver as medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS