15/05/2019
Participa como xurado do XIV premio Novela Europea Casino de Santiago

O premio Novela Europea Casino de Santiago, patrocinado polo Ámbito Cultural do Corte Inglés, pretende promover a lectura e o espíritu europeísta, convertindo a toda a cidade de Santiago en xurado dun premio literario concedido a escritores e escritoras dos países da Unión Europea.

O xurado está formado por tres seccións:

· Sección A, cun peso do 40%, formada por todos os/as residentes, estudantes e persoas que desenvolvan a súa actividade profesional no Concello de Santiago.

·Sección B, cun peso do 10%, formada por todas as socias e socios do Casino.

·Sección C, cun peso do 50%, formada por dez representantes de institucións de Santiago de Compostela.

As novelas finalistas seleccionadas por unha comisión de expertos e expertas son:

Deixe a súa mensaxe despois do sinal, de Arantxa Portabales. Editorial Galaxia

Perdón, de Ida Hegazi Høyer. Nórdica libros

Recursos inhumanos, de Pierre Lemaitre. Editorial Alfaguara

Tierra de campos, de David Trueba. Editorial Anagrama

Toda una vida, de Robert Seethaler. Editorial Salam

No Café Casino realízase un coloquio centrado en cada un dos títulos, de entrada libre. Os das novelas Perdón e Recursos inhumanos xa tiveron lugar. 

15 de maio ás 20h. Deixe a súa mensaxe despois do sinal, de Arantxa Portabales (Galaxia). Organizado pola Libraría Pedreira.

22 de maio ás 20h. Tierra de campos, de David Trueba (Anagrama). Organizado pola Libraría Cronopios.

29 de maio ás 18.45h. Toda una vida, de Robert Seethaler (Salam). Organizado pola Libraría San Pablo.

 

Todas as persoas interesadas en participar como xurado neste premio literario poden achegarse ao 2º andar da biblioteca para levar en préstamo algunha das novelas finalistas e do 24 ao 29 de xuño poden depositar o seu voto nunha urna situada no mostrador.