11/01/2019
Socios/as de honra do ano 2019

Os/as Socios/as de honra deste ano, é dicir as lectoras e lectores con máis préstamos durante o ano 2018, son:

 

Adultos/as

  • Pascual Cabaleiro Fontenla [492 préstamos]
  • Maquen Barreiro Sanromán [355 préstamos]
  • Juan Carlos Mosquera Rodríguez [316 préstamos]

 

Infantís

  • Cecilia Soto Fontenla (9 anos) [178 préstamos]
  • Brais Otero Redondo (11 anos) [154 préstamos]
  • Marcos Susavila Vázquez (4 anos) [148 préstamos]

 

 

Durante o ano 2019 estes superlectores poden retirar en préstamo un maior número de obras:

  • Socio/a de honra adulto/a: ata 25 exemplares a escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola) e 6 publicacións periódicas prestables.
  • Socio/a de honra infantil: ata 20 exemplares a escoller entre 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais e 6 publicacións periódicas prestables.

A condición de Socio de honra ten unha duración dun ano, ata o vindeiro Día do usuario e usuaria o 11 de xaneiro de 2020.

Noraboa!