Debuxos en liberdade
03/04 - 30/04
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Exposición organizada pola Alliance Française de Santiago

A biblioteca cede o espazo para a exposición organizada pola Alliance Française de Santiago en colaboración con Courrier International e Institut Français.

O obxectivo desta exposición é a de suscitar o debate sobre a liberdade de expresión, a raíz do atentado contra o xornal satírico Charlie Hebdo en xaneiro de 2015.

A exposición está formada por 12 paneis de tiras cómicas realizadas por máis de 50 caricaturistas de todo o mundo. Cada panel está adicado a unha temática concreta da liberdade de opinión: censura, internet, dereitos das mulleres, clima, deporte...

Pode visitarse no vestíbulo durante o horario de apertura da biblioteca.