Día das Artes galegas: Luis Seoane
01/04 - 30/04
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mostra bibliográfica

O Día das Artes Galegas é unha celebración instituída pola Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario o 31 de xullo de 2015. Conmemórase cada 1 de abril.

Cada ano dedicáselle o día a un/unha artista de Galicia. Este ano está dedicado a Luís Seoane López. Nado en Bos Aires o 1 de xuño de 1910 e finado na Coruña o 5 de abril de 1979, foi un editor, escritor, xornalista, gravador e pintor galego.

Foi o promotor de moitas empresas culturais, da emigración e do interior (revistas como Galicia Libre, Galicia Emigrante ou Cuco-Rei, a imprenta Resol en Santiago de Compostela xunto a Arturo Cuadrado; editoriais como Editorial Citania, Editorial Botella al Mar e outras; o Laboratorio de Formas de Galicia, xunto a Isaac Díaz Pardo, do que nacerá o complexo de Sargadelos etc.). Non deixou nunca de afrontar proxectos e participar activamente na recuperación da cultura galega.

Publicou numerosos estudos e ensaios de arte, obras de teatro, crónicas radiofónicas etc. Tamén se adicou á poesía e no 1977 Ediciós do Castro publicou a súa obra poética completa. 
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1994.

A mostra pode visitarse no 3º andar durante o horario de apertura da biblioteca.