El arte de la interpretación interactiva
25 de Xaneiro, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Presentación do libro de Justo Aliounedine Nguema Pouye

A biblioteca cede o espazo a Justo Aliounedine Nguema Pouye para presentar este libro que reflicte a súa traxectoria profesional no mundo da arte.

É un compendio de obra gráfica que interacciona con fragmentos de poesías, cancións e textos do libro inédito Os Mundos de VRUS que a modo de fío condutor leva ao lector polas diferentes etapas nas que se desenvolve. Ademais o propio autor realiza unha breve explicación do proceso creativo dos seus estudos, que a modo de “manifesto artístico”, define o estilo artístico da súa creación.

Acompaña á presentación unha exposición de obra gráfica e pictórica. 

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.