AXENDA
Son unha raiña, son un rei: a ruptura de estereotipos nos contos infantís
02/07 - 31/08
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mostra bibliográfica

A nosa selección de libros da sala infantil para este verán vai sobre princesas e príncipes que rompen os estereotipos predominantes fomentando o pensamento crítico e reflexionando sobre os modelos de xénero, convertíndose así en raíñas e reis e rematando dunha vez co conto de sempre.

Na sala infantil, pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca.