Terra
20/09 - 30/09
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Exposición fotográfica

A biblioteca cede o espazo para a realización desta exposición organizada pola Asociación de Migrantes de Galicia, AMIGA. “Terra” é un proxecto que pretende poñer rostros á experiencia migratoria. Dende a humanidade e a esperanza, as miradas dos outros interrógannos e transmiten emocións e sentimentos que revelan as súas historias de vida que son, ao mesmo tempo, parte da nosa propia historia.

Nas olladas mutuas entre o espectador e o protagonista da fotografía ábrese unha ventá ao mundo que vai dende o pasado ata o futuro que entre todas e todos queremos construír. Sen estigmas, nin estereotipos: só persoas que viñeron de lonxe e agora, dende tan cerca, queren contarnos canto poden aportar a esta sociedade na que vivimos.

Do 20 ao 30 de setembro no vestíbulo. Pode visitarse en horario de apertura da biblioteca.