Obradoiro de Cómic

17 de Marzo 2025, 11:15
Imaxe
CEIP Rogelio García Yáñez, O Picouto
Ourense › Ramirás

Celebramos o Día do Cómic co escritor Xabier Domínguez

O día 17 de marzo celebramos o Día do Cómic con Xabier Domínguez, autor de literatura infantil e xuvenil e creador da banda deseñada Miquits e Miquits 2. Visita á casa da avoa.

Xabier falaranos da historia do cómic, os seus tipos, partes, algunhas curiosidades... e desenvolverá un obradoiro de cómic para que todas as persoas asistentes poidamos explorar e potenciar a nosa creatividade!

Actividade aberta a todos os públicos.

Duración: 90 minutos

Horario: 11:15-12:45 horas

Espazo: CEIP Rogelio García Yáñez, O Picouto (Ramirás)