Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Exposición de Aspnais

A Asociación lucense de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual (Aspnais) presenta esta exposición co gallo do Cincuentenario da entidade.

Durante as celebracións do Cincuentenario arredor de douscentos lucenses visitaron as instalacións da entidade nas Arieiras e Rampa de Claudio López, conviviron cos usuarios de Aspnais, e difundiron as súas vivencias.

Coas fotografías de 16  destacados fotógrafos/as e anacos literarios de 31 escritores/as (froito destas visitas), confeccionouse esta exposición que se ofreceu ao público lucense na sala da Deputación Provincial de Lugo e na Biblioteca Pública Provincial de A Coruña, e agora chega a Santiago, ao espazo que lles cedemos na Biblioteca. 

Á inauguración da exposición que é o día 1 de febreiro ás 13h acuden, por parte de Aspnais, o Presidente, José Reigosa, membros do equipo técnico da institución, tres monitores e un grupo de usuarios e usuarias da institución.

Agárdase que á inauguración asistan tamén varios dos fotógrafos/as participantes, e os escritores e escritoras que residen na área de Compostela.

A exposición pode verse no vestíbulo da biblioteca ata o 28 de febreiro.

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS

Exposición
Entrada de balde