Préstamo de portátiles e lectores de libros electrónicos
Lector de libros electrónicos Lector de libros electrónicos

A biblioteca, no seu obxectivo de achegar as novas tecnoloxías á cidadanía, pon a disposición dos seus usuarios/as lectores de libros electrónicos e portátiles.

 

Préstamo de lectores de libros electrónicos

A biblioteca conta con 10 lectores de libros electrónicos para o seu préstamo a domicilio. GaliciaLe, a plataforma de préstamo de libros electrónicos das bibliotecas públicas galegas, proporciona unha oferta de case 2000 títulos (novidades, literatura contemporánea, ciencia, arte, tecnoloxía etc.) entre os que o usuario/a poderá escoller para fornecer o dispositivo que leve en préstamo.

Para acceder ao servizo de préstamo de lectores de libros electrónicos é preciso ser usuario/a con carné da biblioteca e maior de 18 anos.

Ao igual que para o resto de documentos da colección da biblioteca, para facer efectivo o préstamo do dispositivo o usuario/a deberá presentar o carné da biblioteca e non ter préstamos rebordados do límite nin sancións.

Cada usuario/a pode levar en préstamo un só dispositivo. Este préstase baleiro, cunha funda e un cable USB para a transferencia de datos e a carga da batería por un período de 21 días cunha renovación polo mesmo período.

A información ampliada sobre este servizo pode consultarse no Tríptico informativo sobre o préstamo de lectores de libros electrónicos.

Préstamo de portátiles

A biblioteca dispón de 10 portátiles cos periféricos respectivos (rato, lector de tarxetas, lector/gravadora de cd/dvd, lector de DNI-e etc.) para o préstamo aos seus usuarios/as. As persoas que soliciten este servizo poderán facer traballos, navegar pola Internet, estudar etc.

Para gozar deste servizo tan só é preciso ser usuario/a con carné da biblioteca e ser maior de 18 anos.

Ao igual que para o resto de documentos da colección da biblioteca, para facer efectivo o préstamo do portátil, o usuario/a deberá presentar o carné da biblioteca e non ter préstamos rebordados do límite nin sancións.

Cada usuario/a pode levar en préstamo un só equipo. O uso do portátil e dos seus periféricos queda limitado exclusivamente ao recinto da biblioteca e, polo tanto, ningún destes elementos se pode levar fóra das instalacións do centro.

O período máximo de préstamo é de 1 día e é preciso devolver o equipo e os seus periféricos 1 hora antes do peche da biblioteca.

 

A información ampliada sobre este servizo pode consultarse no Tríptico informativo sobre o préstamo de portátiles.