Servizo de acceso a Internet e ofimática
Sala de internet (andar baixo)

A biblioteca proporciona acceso gratuíto a Internet e a ferramentas ofimáticas dotando ás súas instalacións dunha infraestrutura que permite usar libremente e de xeito privado as fontes e tecnoloxías da información tendo sempre presentes os principios e fins que rexen a actividade de toda biblioteca pública.

 

O servizo de acceso a Internet e ofimática engloba:

Conexión wifi

A conexión wifi é pública e gratuíta con cobertura en todos os espazos da biblioteca.

O acceso á Internet a través da rede wifi da biblioteca non ten limitacións no tempo de conexión. Para conectarse á wifi da biblioteca é preciso identificarse por medio dun nº de teléfono móbil, un certificado dixital ou o DNI-e.

O rexistro só hai que facelo a primeira vez seguindo esta guía.

Todos os accesos nos que o/a usuario/a non estea correctamente identificado/a serán cancelados. A utilización deste servizo leva asociado un uso responsable do mesmo, respectando a lexislación vixente en materia de propiedade intelectual e evitando a descarga de contidos que poidan colapsar a rede.

Conexión á Internet e ferramentas ofimáticas

Os postos de ordenadores con conexión á Internet distribúense por todos os andares da biblioteca, estando a meirande deles no andar baixo.

Hai un ordenador con ferramentas ofimáticas, sen conexión a internet en cada andar (agás no 3º)

Para a utilización deste servizo é preciso ter en conta as seguintes indicacións:

  • O acceso a este servizo está aberto a todo o público
  • Cada persoa só pode darse de alta neste servizo unha vez e ter un único nome de usuario rexistrado 
  • O tempo máximo para a utilización deste servizo é de 90 minutos diarios ininterrompidos.
  • Por motivos de seguridade non se pode escribir no escritorio, instalar ningún programa nin modificar a configuración do ordenador. Este reiniciarase automaticamente ao remate de cada sesión de xeito que calquera arquivo creado durante a mesma será borrado do equipo.
  • Para a creación de documentos a biblioteca proporciona acceso ao paquete de ofimática Open Office.
  • Estes ordenadores tamén poden empregarse para consultar CD e DVD particulares ou da biblioteca así como memorias USB particulares.
  • No uso dos recursos da Internet a persoa usuaria debe comprometerse a respectar en todo momento a lexislación vixente e a facer un uso adecuado do servizo. Non se permite o acceso a páxinas con contido racista, xenófobo, pornográfico, violento ou que incite á violencia.
  • A biblioteca non se fai responsable en ningún caso da información que puidese recuperar ou á que puidese acceder a persoa usuaria a través dos postos de consulta de Internet.
  • Os ordenadores da Sala Infantil son de uso exclusivo dos/as menores de 14 anos e os/as seus/súas acompañantes.
  • Os/as menores de 16 anos deben ter a autorización do pai/nai ou titor/a, os cales deben rexistrarse previamente.
  • Pódense imprimir ou gardar as buscas en diversos soportes, respectando o disposto na lexislación vixente en materia de propiedade intelectual. O custo da impresión é de 5 cts. de € por páxina.

Na Sala Infantil hai tamén un ordenador para a consulta dos Recursos electrónicos da biblioteca que precisan a instalación dalgún programa, e no de ofimática do 2º andar tamén é posible consultalos.