Servizo de información e referencia

Este servizo ofrece información sobre a propia biblioteca e apoio na resolución de necesidades informativas específicas.

 

A través deste servizo, a biblioteca atende as seguintes consultas:

- Información xeral: preguntas sobre o funcionamento da propia biblioteca, os seus fondos e servizos, o seu catálogo en liña e consultas bibliográficas sinxelas. Este servizo proporciónase no mostrador do andar baixo, pero aténdese consultas en todos os andares.

- Información bibliográfica e de referencia: preguntas relacionadas coa busca da bibliografía existente sobre un tema determinado ou coa obtención de información puntual de carácter específico. Este tipo de información bibliográfica e de referencia ofrécese no mostrador do 3º andar.

- Información lexislativa: hai un ordenador no 3º andar para a consulta das bases de datos de Thomson Reuters - Aranzadi Instituciones e Expertos (Social e Fiscal) á disposición dos usuarios e usuarias.

As consultas aténdense:

Complementado este servizo de información e referencia, toda persoa poden dirixirse a Pregunte, as bibliotecas responden, proxecto de información público en Internet xestionado por varias bibliotecas públicas de diferentes Comunidades Autónomas e coordinado polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Este servizo, atendido por persoal especializado das bibliotecas participantes, está aberto a toda a cidadanía e funciona 24 horas, 365 días ao ano co compromiso de contestar nun prazo máximo de dous días (excepto festivos e fins de semana). As preguntas poden tratar sobre calquera tema puntual e concreto.

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS