Servizo de reprodución de documentos

Mediante este servizo, e de conformidade coa lexislación vixente en materia de propiedade intelectual, os/as usuarios/as poden reproducir documentos impresos, convertelos a formato dixital, imprimir traballos persoais etc.

 

O servizo de reprodución de documentos engloba:

  • Fotocopiadoras: a biblioteca pon a disposición do público 3 fotocopiadoras para a reprodución de documentos impresos. Poderanse utilizar para realizar copias de libros e demais materiais impresos, respectando a lexislación vixente sobre propiedade intelectual.

Hai unha fotocopiadora en cada andar (agás no 2º),en branco e negro e en autoservizo.

No caso de precisar fotocopias en cor, é necesario dirixirse ao persoal da biblioteca.

  • Impresoras: a biblioteca pon a disposición do público 1 impresora para a reprodución en papel de arquivos de ordenador. Está no andar baixo e para utilizala é preciso anotarse nunha lista.
  • Escáner: a biblioteca pon a disposición do público 1 escáner para a conversión de documentos impresos a formato dixital. Poderase utilizar para realizar copias de libros e demais materiais impresos, respectando a lexislación vixente sobre propiedade intelectual. Está no andar baixo e para utilizalo é preciso anotarse nunha lista.

O custo da impresión ou fotocopia é de 5 cts. de € por páxina.  

TAMÉN CHE PODE INTERESAR...