AVISOS
Contacontos e obradoiros para nenas e nenos
11/06/2018
Actividades infantís
Trécola Teatro Pablísimo Trinke Trinke Teatro Cans e letras Cans e letras Noemí López, obradoiro de Ilustración Charo Jaular Cris de Caldas e Xabi do Camiño
Volvemos en outubro. Feliz outono!

Volvemos en outubro. Todos os venres ás 18:00 h.

1. A maxia de Raymon: 19 de Outubro, 18:00

Raymon é un mago novo especializado en maxia con cubos de rubik. Foi premiado como mellor mago de España na súa categoría en 2016. Formou parte dos programas de televisión Got Talent España e Pura Magia, sendo semifinalista en ambos.

Nesta ocasión descubrirá un obxecto coñecido por todos, que se cadra é un gran descoñecido: o cubo de Rubik.

 

No salón de actos para público familiar. Duración: 50 minutos

 

2. Basílicamente. As marabillosas ideas do señor Basilio: 26 de Outubro, 18:00

Un bibliotecario que leva libros de aquí para alá e un lector curioso que fai preguntas.

Ás veces as respotas están nos libros, outras na súa imaxinación. Xogando coas palabras, preguntámonos como chegan as historias, como se converten en libros e como chegan á biblioteca.

Hai libros de ficción, de divulgación, con debuxos… cos dos señor Basilio Carlos pode soñar, xogar, aprender …

 

Na sala multiusos, para 30 nenos e nenas de 4 a 12 anos. Duración: 50 minutos

 

Moitas grazas as familias por participar nos contacontos e obradoiros da Biblioteca.