CARVALHO CALERO LETRAS GALEGAS 2020
14/08/2020
CARVALHO CALERO "A VOZ PRESENTE"
Carvalho Calero Carvalho Calero
LETRAS GALEGAS 2020

Exposición temporal "A voz presente" de Carvalho Calero. 

"A voz presente" é unha exposición realizada pola AGAL  e a Xunta de Galicia que conta con Carlos Quiroga e José Luis Rodríguez (USC) como comisarios.

A mostra consta de varios paneis nos que, por unha banda, se expón a vida de Carvalho en relación aos acontecementos de cada época que viviu a través dunha liña de tempo e, doutra banda, úsanse textos do propio Carvalho para explicarse a si mesmo. Ricardo Carvalho Calero foi o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas de 2020.

Tamén se pode visitar a nosa mostra bibliográfica "Carvalho Calero lucense"

Lugar:  Biblioteca Pública de Lugo. Sala de exposicións

Data: 14 ao 28 de agosto

Horario: luns a venres de 8:30 a 14:30 h. 

Entrada: gratuíta

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS