CANCELADO
01/02/2020
Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas 2020 "Un conto, un debuxo, un sorriso"
Certame Letras Galegas 2020
"Un conto, un debuxo, un sorriso"
En primeiro lugar, esperoamos que esteades ben, neste tempo de incerteza. Din que o futuro é incerto, mais éste que se nos presenta é tamén confuso.
 
Este ano o Día das Letras Galegas adiase ao 31 de outubro, así que desde a Biblioteca Pública de Lugo decidiuse non convocar, polo momento, o Certame das Letras. Andando o tempo, veremos se podemos celebrarlo no mes de outubro.
 
Desexámosvos moito ánimo, e noso  agradecemento polo voso formidable traballo e a implicación nesta actividade de creación lectora.

 

CONVOCATORIA

A BIBLIOTECA PÚBLICA DE LUGO convoca o CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2020 (Fase Local), de acordo coas seguintes bases:

1.- Poden participar todas as nenas e nenos con:

- A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema proposto a continuación: “Un conto, un debuxo, un sorriso. O sorriso deste conto da ledicia a quen está triste.”

- B) Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema proposto a continuación: “Un conto, un debuxo, un sorriso. O sorriso deste debuxo da ánimo a quen se sinte decaído.”

2.- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor.

3.- Establécense tres categorías: A, ata 8 anos, B, de 9 a 11 anos, C, de 12 a 16 anos.

4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 8 de maio, debendo ser entregados polos seus autores na BIBLIOTECA PÚBLICA DE LUGO.

5.- O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos.

6.- O fallo do xurado local farase público antes do DÍA DAS LETRAS GALEGAS

7.- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Conselleria de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

8.- Na fase provincial o xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría os tres mellores traballos. Os autores seleccionados recibirán cadansúa estatuiña de Sargadelos e un lote de libros. O fallo do xurado farase público no decurso da primeira quincena do mes de xuño.

9.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.

10.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.

11.- A presentación das obras a este Certame supón a aceptación das presentes bases.