CONVOCATORIA FASE LOCAL
04/11/2019
Certame de poesía infantil "Nadal 2019"
Certame de poesía infantil "Nadal 2019" Certame Nadal 2019

Certame de poesía infantil que convoca cada ano a Biblioteca Pública de Lugo

Os nenos e o Nadal:   XXVI Certame de poesía infantil sobre "O Nadal"

Na Biblioteca Pública de Lugo levamos 26 anos traballando para fomentar o interese pola poesía no público infantil e xuvenil, mediante a celebración do Certame Literario de Poesía sobre o Nadal.

Este certame permite fomentar a imaxinación, a escritura e a creación literaria tanto no público infantil como xuvenil.

CONVOCATORIA LOCAL

A BIBLIOTECA PÚBLICA DE LUGO, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia convoca o CERTAME DE POESÍA INFANTIL“ NADAL 2019”, de acordo coas seguintes BASES:

1.- Nel poden participar todo o público infantil e xuvenil, con poemas do tema xenérico de "O NADAL".

2.- Establécense tres categorías: A, ata 8 anos, B, de 9 a 11 anos, e C, de 12 a 16 anos.

3.- Cada autor ou autora poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán redactados en galego cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, e poderán presentarse mecanografiados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Con cada traballo, acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor/a.

4.- O prazo de presentación dos poemas rematará o 21 de decembro de 2019 debendo ser entregados polos seus autores/as na BIBLIOTECA PÚBLICA.

5.- Un xurado, formado por entendidos e entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos. Os autores/as seleccionados recibirán cadanseu diploma e libros.

6.- Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

7.- O fallo do xurado local farase público na primeira quincena de xaneiro do 2020.

8.- Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública de Lugo que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.

9.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.

10.- A presentación das obras a este certame supoñen a aceptación das presentes bases.

Máis información na web do Certame