Animación de contos
20/03/2020
Día do Libro infantil e xuvenil
Día del Libro Infantil e Xuvenil Contos da Lúa A viaxe das bolboretas
Fame de palabras

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY e a OEPLI promoven a celebración do Día Internacional do Libro Infantil.

"Fame de palabras" é o lema elexido para celebrar  o Día Internacional do Libro Infantil 2020.

"Onde eu vivo, os arbustos vólvense verdes a finais de abril ou principios de maio. Ao pouco tempo, énchense de crisálidas de bolboretas, que locen como vetas de algodón ou algodón de azucre. As eirugas devoran os arbustos folla tras folla, ata deixalos desposuídos. Cando as bolboretas saen das súas crisálidas, botan a voar, pero os arbustos non quedan arruinados. Ao chegar o verán brotan de novo, e así unha e outra vez.  Esta é a imaxe dunha escritora, a imaxe dun poeta: os contos e os poemas aliméntanse deles, ríllanos, esgótanos... E cando xa están escritos, saen voando para acabaren nos libros, para aterraren nos oídos daqueles que os escoitan. E isto non deixa de repetirse nunca...." (Escrito por Peter Svetina).

Para celebrar este día tan especial, a Biblioteca propón unha serie de historias que se refuxian en magníficos libros que están desexando atopar lectores coma tí:

1. Nicolasa, ¿y tu casa?: alguén semella ter problemas para atopar o enderezo dunha amizade...

A nosa amiga Sandra Fernández González, déixanos como agasallo no Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil un conto de Mar Benegas e Mariana Ruiz Johnson, publicado pola editorial Combel #CombelEditorial @EditorialCasals

 

2. Co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos, os nosos animadores están a deixarnos unha sorpresa cada venres.  

-Venres 20 de marzo: Chespir Teatro déixanos un avance do seu espectáculo, que pronto se realizará na Biblioteca.

-Venres 27 de marzo: Teatro Marionetas Trécola déixanos un avance do seu espectáculo: Contos da lúa. Pronto realizarase na Biblioteca.

-Venres 3 de abril: O animador de contos Pablísimo déixanos o seu conto: Pandemia de contos. Público familiar. A praza de San Xacinto. Pablísimo

O Colectivo NOGA (de Narración Oral Galega) comparte uns contos con vós para levar mellor o #euquedonacasa, na corentena de marzo de 2020. Seguídeos nesta canle para máis contos!

VÍDEOS RELACIONADOS

Nicolasa, ¿y tu casa? narrado por Sandra Fernández González
CHESPIR TEATRO
Teatro Marionetas Trécola
Pandemia de contos. Público familiar. A praza de San Xacinto. Pablísimo
Raquel Galavis

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS