Comeza a inscrición para participar nos nosos clubs de lectura.
Os integrantes do ano anterior, 2022/2023, manterán a praza que ocupan sempre que lles interese seguir participando.
Se estas interesado en participar deixa os teus datos no mostrador de información
A Biblioteca Pública de Lugo oferta os seguintes clubs:
- Club de lectura para adultos.
- Club de lectura de cómic para adultos.
- Club de escrita para adultos.
As sesións iniciaranse a mediados do mes de outubro.