AVISOS
30/10/2018
Novembro mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas
Novembro mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas
Resumo das actividades que teremos neste mes

Para celebrar o mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas na Biblioteca de Lugo teremos varias actividades (Video das actividades):

-A maxia da ciencia, o 16 de novembro ás 18:00 h. no salón de actos da biblioteca. 

José Antonio Godoy móstrache como a maxia e a ciencia fúndense para mostrar o lado asombroso e divertido do coñecemento. Actividade poderosamente visual e didáctica sobre temas de química, física, matemáticas e bioloxía. Inclúe datos curiosos e sorprendentes, descubrimentos e inventos. Ademais, móstrache as perspectivas e posibilidades de ser un verdadeiro científico.

No salón de actos, aberto, hasta completar aforo. Duración: 45 minutos

-Planetario Ciencia Kids-Fulldome space, o 23 de novembro:

Tres sesións con 25 nenos:

  1ª sesión para  infantil de 3 a 7 anos ás 17:30 horas.

  2ª sesión infantil de 8 a 10 anos ás 18:30 horas.

  3ª sesión xuvenil de máis de 10 anos ás 19:30 horas.

Experimenta coa Biblioteca Pública de Lugo no mes da ciencia. Recvchos Phi-Teresa

- A ilusión da ciencia, o 30 de novembro ás 18:00 h. na sala multiusos.

A cargo de Cucarandainas

Obradoiro creado para nenos e nenas, onde o principal obxectivo é aprender ciencia dunha forma didáctica, sorprendente e divertida.

Experimenta connosco e descubriremos os estados da materia e os seus segredos.

-Terror médico. Mostra bibliográfica na entrada da biblioteca.