Mes da Ciencia 2019. Ler e vivir a ciencia en galego!
30/10/2019
Novembro Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas
Novembro mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas

Resumo das actividades que teremos neste mes

Para celebrar o mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas na Biblioteca de Lugo teremos varias actividades:

-Planetario Ciencia Kids-Fulldome space: 08 de Novembro

O formato FullDome é un sistema que consiste na proxeción, con deformación xeodésica dentro dunha estructura de domo, que ofrece a sesación de inmersión.

Un dos soños de educadores, creadores e publicistas é xerar ilusións nas que tanto o alumnado como o espectador se mergullen ata tal punto que non sexan capaces de distinguir se o que están vivindo é realidade ou fición. O FullDome consegue este espectacular efecto.

Tres sesións con 25 nenos:

-1ª sesión para  infantil de 3 a 7 anos ás 17:30 horas.

-2ª sesión infantil de 3 a 7 anos ás 18:30 horas.

-3ª sesión xuvenil de máis de 8 anos ás 19:30 horas.

-A maxia que esconde a ciencia: A cargo do mago David Méndez. o 15 de novembro ás 18:00 horas no salón de actos.

A través de asombrosos experimentos científicos e divertidos xogos de maxia, mostraremos un panorama da ciencia e a maxia que nos rodea, como están presentes as matemáticas, a física, a química e a bioloxía no noso ao redor, e que a maioría das veces non alcanzamos a percibilas.

-Robótica educativa: A cargo de Stemarte. O venres 22 de novembro ás 18:00 horas

Obradoiro de robótica educativa no que os participantes construirán e programarán un robot co material de lego education. Actividade que busca fomentar a aprendizaxe mediante o xogo mentres constrúen os seus modelos con pezas, motores e sensores.

Para 20 nenas e nenos a partir de 6 anos.

- A carteira de Augasclaras: Contacontos a cargo de Carmen Domech. O 29 de novembro ás 18:00 horas.

Dende o pobo de Augasclaras, chega a carteira para repartir o correo aos nenos e nenas que están na biblioteca.

É unha correspondencia moi especial; unha carta é de Clementina, a tartaruga sen cuncha que viaxa ceibe polo mundo.

Outra é da elefantiña Rosa Caramelo, que abriu unha porta para que as elefantas e elefantes da súa manada xoguen, coman e vivan xuntos e iguais.

Para 30 nenas e nenos de 4 a 12 anos.