A carteira de Augasclaras
29 de Novembro, 18:00
Biblioteca Pública de Lugo
A cargo de Carmen Domech

Dende o pobo de Augasclaras, chega a carteira para repartir o correo aos nenos e nenas que están na biblioteca.

É unha correspondencia moi especial; unha carta é de Clementina, a tartaruga sen cuncha que viaxa ceibe polo mundo.

Outra é da elefantiña Rosa Caramelo, que abriu unha porta para que as elefantas e elefantes da súa manada xoguen, coman e vivan xuntos e iguais.

Para 30 nenas e nenos de 4 a 12 anos.

Duración: 50 minutos