Meigas e moursa. Biorbardos e trasnos
24 de Maio, 18:00
Biblioteca Pública de Lugo
A cargo de Marisa Irimia

Actividade homenaxe a Antón Fraguas, gran intelectual e estudoso do noso folclore, con motivo do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Espectáculo lúdico, pedagóxico e instrumento de aprendizaxe para os máis pequenos.  Historia oral, contos, lendas, cantos e proverbios,  corpo da nosa expresión cultural, folclore vivo para conmemorar a este destacado historiador e antropólogo galeguista, escollido pola Real Academia Galega como o persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019.

 

Para 30 nenas e nenas de 4 a 12 anos. Duración: 45 minutos