AXENDA
Paixón pola Natureza
04/06 - 30/06
Biblioteca Pública de Lugo
A Biblioteca de Lugo promove obxectivos de desenvolvemento sostible, Axenda 2030 da ONU
Paixón pola Natureza Paixón pola Natureza Axenda 2030

Coincidindo co Día Mundial dos Océanos, o Día Mundial do Medio Ambiente, o Día Mundial da Loita contra a Desertificación, o Día Mundial da Bicicleta, o Día Internacional dos Trópicos, o Día Internacional da Xente e o Mar, o Día Internacional dos Asteroides, e o Día Internacional contra a Pesca Ilegal Non Declarada e Non Regulamentada facemos unha recompilación de documentos que nos achegan a estos temas de tanto interese para todos.

A Biblioteca de Lugo promove obxectivos de desenvolvemento sostible, Axenda 2030 da ONU.

A Biblioteca apoia os seguintes obxectivos da Axenda:

13. Acción polo clima: adoptar medidas urxentes para combatir o cambio climático e os seus efectos;

14. Vida submarina: conservar e utilizar de forma sostible os océanos, mares e recursos mariños para o desenvolvemento sostible;

15.Vida de ecosistemas terrestres: protexer, retablecer e promover o uso sostible dos ecosistemas terrestres.