Zapatos
25 de Outubro, 18:00
Biblioteca Pública de Lugo
A cargo de Caramuxo teatro

Qué pasa con todos eses Zapatos que xa ninguén usa?

Todos os días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores. Unha rapaza é a encargada de coidalos, de darlle a benvida ó lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde compartir emocións coas belas bailarinas, con Pechecho e os seus irmáns, cós namorados, có Sol e a Nube, e con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos. " Zapatos" narra tódalas historias, que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.

Haberá dous pases, de 30 minutos de duración cada un. O primeiro de 18:00 a 18:30 horas e o segundo de 19:00 a 19:30 horas, para 20 bebés de ata 4 anos a compañados por un adulto en cada pase. Na sala multiusos.