Como podo solicitar o uso dun espazo da biblioteca?

A través deste servizo, a biblioteca pon a disposición da cidadanía as súas instalacións coa finalidade de propiciar o intercambio e a difusión cultural, converténdose así nun espazo de participación e encontro dos membros da comunidade.

Os espazos que a biblioteca cede distribúense do seguinte xeito:

Sala de traballo en grupo:

A biblioteca conta con 1 sala de traballo en grupo a disposición de quen precise utilizala para reunirse, facer traballos etc. e sempre que se trate de actividades sen ánimo de lucro.

A sala está ubicada no semisoto

Para gozar deste servizo tan só é preciso que, como mínimo, sexan dúas as persoas que vaian facer uso da sala

A reserva pode facerse por calquera das seguintes vías:

Salón de actos

O salón de actos está a disposición de calquera particular, entidade ou asociación que queira utilizalo para realizar actividades de tipo cultural ou social (presentacións de libros, exposicións, conferencias, cursos...).

A reserva pode facerse por calquera das seguintes vías:

A persoa particular ou representante da institución ou entidade interesada en facer a reserva deberá presentar na biblioteca o seguinte documento asinado:

Solicitude de cesión dun espazo da biblioteca

A sinatura deste documento garante que a persoa ou institucións solicitantes reúnen os requisitos e condicións establecidas pola biblioteca e que están de acordo coa normativa da mesma para o uso das instalacións.