Doar materiais á biblioteca?
Doacións

Na biblioteca admitimos donativos de libros, cd, dvd ... que xa non precisades. Pero non podemos aceptar todos os materiais para que a colección non se descompense e por cuestións de espazo.

Os materiais deben entregarse na biblioteca, no mostrador da entrada e, no momento de facer a entrega, hai que asinar un documento. Agradecemos que estes materiais se acompañen dunha listaxe que recolla os títulos que se doan.

Moitas grazas polas vosas achegas!