Solicitar un libro ou outro material que non ten a biblioteca?
Solicitar material a outra biblioteca

Achégate a calquera mostrador e pide  unha solicitude de préstamo intrabibliotecario, solicitude a  outra biblioteca da rede de bibliotecas de Galicia ou entra aquí. Escribe nela os teus datos e os da obra. Localizaremola e faremos a petición á entidade correspondente polo método máis urxente, ben sexa o orixinal ou unha reprodución. Se houbera algún gasto, correría pola túa conta.

Só podes facer unha petición de cada vez. Terás 7 días para recoller o documento solicitado e si non o recolles sancionaremoste con 10 días sen préstamodevolución do documento farase na biblioteca onde se fixo a petición de préstamo intrabibliotecario

Tamén podes facer unha suxestión de compra dun libro ou outro material en calquera mostrador do centro ou a través de internet. Si escolles este último xeito, entra no catálogo da biblioteca e nos cadros da dereita escribes o teu número de lector e o teu contrasinal; clicas no menú superior en Suxestión de compra,  e despois en Nova proposta escribindo os datos da obra que solicitas. 

No servizo de Adquisicións valorarán a túa petición e si a aceptan ti serás o primeiro en levar en préstamo o documento.

Si queres solicitar o préstamo interbibliotecario, solicitude a outra biblioteca non incluída na rede de bibliotecas de Galicia :

A Biblioteca Pública de Lugo encargarase  de  solicitar a obra  á entidade correspondente polo método máis urxente, xa sexa o orixinal ou unha reprodución do mesmo (fotocopia, copia escaneada etc.). A consulta dos orixinais solicitados farase nunha sala da Biblioteca a non ser que a biblioteca prestataria permita o préstamo a domicilio.

O lector poderá solicitar unha obra en préstamo interbibliotecario presencialmente, no mostrador de Administración, cubrindo un impreso de solicitude.

Os gastos deste servizo, se os hai, son pola conta do usuario.

O número máximo de documentos que se poden solicitar nunha petición é de 1.

O prazo de recepción do material solicitado dependerá da biblioteca prestataria (distancia, método de envío...). Unha vez recibido, a biblioteca porase en contacto co lector para comunicarlle a chegada do documento.

A partir dese momento o lector disporá de 7 días para facer a recollida. No caso de que non retire o material solicitado nese prazo, a sanción será de 10 días sen préstamo.