Servizo de acceso á Internet
Ordenadores con acceso a internet

A biblioteca proporciona acceso gratuíto á Internet dotando ás súas instalacións dunha infraestrutura que permite usar libremente e de xeito privado as fontes e tecnoloxías da información tendo sempre presentes os principios e fins que rexen a actividade de toda biblioteca pública.

O servizo de acceso á Internet engloba:

Conexión wifi

A conexión wifi é pública e gratuíta con cobertura en todos os espazos da biblioteca

O acceso á Internet a través da rede wifi da biblioteca non ten limitacións no tempo de conexión. Para conectarse á wifi da biblioteca é preciso identificarse por medio dun nº de teléfono móbil, un certificado dixital ou o DNI-e.

O rexistro só hai que facelo a primeira vez seguindo esta guía:

http://www.slideshare.net/bpanxelcasal/gua-rpida-de-configuracin-da-conexin-wifi

A utilización deste servizo conleva un uso responsable do mesmo respectando a lexislación vixente en materia de propiedade intelectual e evitando a descarga de contidos que poidan colapsar a rede.

Conexión á Internet

Os postos de ordenadores con conexión á Internet distribúense do seguinte xeito:

  • Andar da entrada: 3 postos para consulta rápida
  • Primeiro andar: 10 postos (6 para adultos en hemeroteca e 4 para nenos na sala infantil)
  • Segundo andar: 6 postos

Para a utilización deste servizo é preciso ter en conta as seguintes indicacións: 

  • O acceso a este servizo está limitado ao público con carné da biblioteca agás os 3 ordenadores de consulta rápida que está abertos a todo o público.
  • Cada persoa só pode darse de alta neste servizo unha vez e ter un único nome de usuario rexistrado.
  • O tempo máximo para a utilización deste servizo é de  60 minutos diarios agás os 3 ordenadores de consulta rápida que son 20 minutos.
  • Por motivos de seguridade non se pode escribir no escritorio, instalar ningún programa nin modificar a configuración do ordenador. Este reiniciarase automaticamente ao remate de cada sesión de xeito que calquera arquivo creado durante a mesma será borrado do equipo.
  • No uso dos recursos da Internet a persoa usuaria debe comprometerse a respectar en todo momento a  lexislación vixente e a facer un uso adecuado do servizo. Non se permite o acceso a páxinas con contido racista, xenófobo, pornográfico, violento ou que incite á violencia.
  • A biblioteca non se fai responsable en ningún caso da información que puidese recuperar ou á que puidese acceder a persoa usuaria a través dos postos de consulta de Internet.
  • O acceso para os menores de 9 anos é sempre acompañados dunha persoa adulta.
  • Pódense imprimir ou gardar as buscas en diversos soportes, respectando o disposto na lexislación vixente en materia de propiedade intelectual. O custo da impresión é de 0,05 € € por páxina.