Servizo de consulta de documentos
Consulta de documentos

Con este servizo a biblioteca pon a totalidade da colección a disposición da cidadanía para a súa consulta dentro das instalacións do centro.

Os materiais obxecto de consulta son todos aqueles non prestables como:

  • Obras de referencia: enciclopedias e dicionarios, repertorios bibliográficos...
  • Fondos especiais: obras con dedicatorias ou anotacións manuscritas autógrafas, doazóns de especial relevancia...
  • Fondo patrimonial.

O acceso aos fondos de carácter especial e/ou patrimonial da biblioteca requerirá a presentación previa dunha petición por escrito por parte do usuario dirixida á dirección da biblioteca. Nela se indicarán os motivos polos que se solicita a súa consulta. A autorización estará suxeita a criterios técnicos de conservación e preservación dos materiais solicitados.   

A biblioteca tamén pon a disposición dos usuarios os medios necesarios (postos de lectura, lectores de son e de audiovisuais etc.) para que as persoas que o desexen tamén poidan consultar os materiais prestables dentro da propia biblioteca sen necesidade de levalos en préstamo.

Así mesmo, poderán solicitarse materiais doutras bibliotecas para a súa consulta nas mesmas condicións

O servizo de consulta de documentos ofrécese de maneira simultánea en distintas salas da biblioteca distribuídas do seguinte xeito:

  • Sala de Referencia
  • Hemeroteca